O estudante que accede a cuarto curso do grao de mecánica, e en concreto a esta materia, debería ter capacidade mínima para:
- Comprensión escrita e oral.
- Abstracción, cálculo básico e síntese da información.
- Utilizar instrumentos de medición e verificación dimensional no laboratorio/taller.
- Usar estatística no control de Calidade.
- Acoutar e definir tolerancias de forma adecuada e precisa a elementos mecánicos.
- Representar mediante CAD 3D pezas e conxuntos básicos.
- Usar e coñecer as máquinas-ferramenta manuais e as súas operacións básicas.
- Elaborar programas básicos de control numérico en torno e fresadora, e seleccionar as ferramentas.
- Planificar procesos de mecanizado, deformación e soldeo para elaborar pezas e/ou conxuntos básicos.
- Aplicar a teoría da Elasticidade e saber representar estados tensionais a través de círculos de Mohr.
Se o estudante accede sen estas competencias, non poderá ter un proceso de aprendizaxe óptimo e necesitará un tempo maior para a adquisición e posta ao día nas súas capacidades para que a formación final sexa a esperada.
|