Lección maxistral |
Nestas sesións, explicaranse detalladamente os contidos teóricos básicos do programa, expondo exemplos aclaratorios cos que profundar na comprensión da materia.
Utilizaranse de forma combinada presentacións e encerado. Na medida do posible, proporcionarase copia das transparencias aos alumnos con anterioridade á exposición, centrando o esforzo do profesor e do alumnado na exposición e comprensión dos coñecementos. De todos os xeitos, as reproducións en papel das transparencias nunca deben ser consideradas como substitutos dos textos ou apuntamentos, senón como material complementario.
|
Prácticas con apoio das TIC |
De cara a contribuír á adquisición das competencias xenéricas, exponse a avaliación de sesións de prácticas ben coa elaboración de informes individuais ou ben con informes por grupo. Cando a elaboración da memoria sexa colectiva e coa finalidade de asegurar que a interdependencia sexa positiva, todos os membros do grupo deben traballar e contribuír ao produto final e deben dominar, minimamente, todos os aspectos da sesión práctica. |
Seminario |
Curso intensivo de 15 horas para aqueles alumnos que non superaron a asignatura na primeira convocatoria, previo ao exame da segunda convocatoria. Tutorías grupais co profesor |