Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas |
MP Entrega de memorias para avaliar os coñecementos adquiridos nas sesións prácticas P1-P7 |
20 |
|
B3
|
C26
|
D2 D8 D9 D10 D17 D20
|
Resolución de problemas e/ou exercicios |
CT. Realizaranse cuestionarios e test para evaluar os coñecementos adquiridos nos seminarios e clases. Estes terán lugar durante as horas das clases teóricas. |
15 |
|
B3 B8
|
C26
|
D2 D9 D10 D20
|
A avaliación final de alumno atenderá á suma da puntuación outorgada a cada unha das partes antes comentadas e tendo en conta o requisito dun mínimo dun 4 no exame final. Sendo, por tanto, a súa nota de avaliación continua: - En caso de superar requisitos, NEC
= 0,40·PF + 0,25·PI + 0,20·MP + 0,15·CT - En caso de non superar requisitos a nota máxima obtida será dun 4.
O alumno deberá presentarse ao exame ordinario de todos os contidos da materia, que suporá o 100% da nota, nos seguintes supostos: - A non realización ou entrega dalgún dos puntuables anteriores.
- Obter unha nota inferior a 4 puntos sobre 10 no exame final de avaliación continua.
- Non superar a avaliación continua cun 5.
En calquera caso, o alumno que supere a avaliación continua, terá a posibilidade de presentarse ao exame ordinario para subir nota.
INTEGRIDADE ACADÉMICA: Agárdase que o estudantado teña un comportamento ético axeitado, comprometéndose a actuar con honestidade. En base ao artigo 42.1 do Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo, así como ao punto 6 da norma quinta da Orde DEF/711/2022, do 18 de xullo, pola que se establecen as normas de avaliación, progreso e permanencia nos centros docentes militares de formación para a incorporación ás escalas das Forzas Armadas, a utilización de procedementos fraudulentos en probas de avaliación, así como a cooperación neles implicará a cualificación de cero (suspenso) na acta da convocatoria correspondente, con independencia do valor que sobre a cualificación global tivese a proba en cuestión, e sen prexuízo das posibles consecuencias de índole disciplinaria que poidan producirse. Na realización das actividades académicas desta materia permítese o uso de ferramentas de Intelixencia Artificial Xerativa (IAX), empregadas de forma ética, crítica e responsable. Se utilizou IAX, debe avaliar críticamente os resultados que proporciona, verificar coidadosamente as citas ou referencias xeradas e declarar o uso das ferramentas utilizadas. Non é necesario declarar o uso de IAX en tarefas que non producen contido (revisión da linguaxe -ortografía ou gramática- nun documento, tradución de texto, obtención de suxestións para reorganizar o contido ou modificar o estilo dun documento ou adaptar o formato de referencias bibliográficas). Cando se deba facer referencia a contidos producidos por IAX (texto, imaxes, etc.), especificaranse polo menos os seguintes elementos: contido xerado, prompt empregado na consulta, ferramenta utilizada, versión, empresa autora do software, data na que foi realizada a consulta e enlace ao sitio web da ferramenta. A detección dunha situación de non declaración de uso de IAX terá a consideración de fraude académica e aplicaranse as medidas descritas no parágrafo anterior. |