Resolución de problemas de forma autónoma |
Realizaranse dous Controis teórico-prácticos de avaliación continua (15% cada un). A súa valoración realizarase sobre 10 puntos cada un.
A Proba Final (PF) de avaliación continua (cun peso do 40%) realizarase na semana de avaliación e valorarase sobre 10 puntos. Será necesario obter unha nota maior ou igual a 4 puntos sobre 10 no exame final de avaliación continua para poder optar ao aprobado por avaliación continua. |
70 |
|
B4 B5 B6 B9 B11
|
C13 C20
|
D2 D9 D10
|
O alumno deberá presentarse ao exame ordinario de todos os contidos da materia, que suporá o 100% da nota, nos seguintes supostos: - A nota final de avaliación continua (NEC) é menor de 5.
- A non realización ou entrega da memoria de prácticas, salvo que sexa eximido por causa xustificada, ou a non superación do mínimo de 4 puntos nas mesmas.
- Obter unha nota inferior a 4 puntos sobre 10 no exame final de avaliación continua.
A nota de avaliación continua en caso de non cumprir algún do tres últimos requisitos será obtida mediante a expresión:
NECS = min (4, NEC). En calquera caso, o alumno que superase a avaliación continua, terá a posibilidade de presentarse ao exame ordinario para subir nota. COMPROMISO ÉTICO: Agárdase que o estudantado teña un comportamento ético axeitado, comprometéndose a actuar con honestidade. En base ao artigo 42.1 do Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo, así como ao punto 6 da norma quinta da Orde DEF/711/2022, do 18 de xullo, pola que se establecen as normas de avaliación, progreso e permanencia nos centros docentes militares de formación para a incorporación ás escalas das Forzas Armadas, a utilización de procedementos fraudulentos en probas de avaliación, así como a cooperación neles implicará a cualificación de cero (suspenso) na acta da convocatoria correspondente, con independencia do valor que sobre a cualificación global tivese a proba en cuestión e sen prexuízo das posibles consecuencias de índole disciplinaria que poidan producirse. |