A avaliación final de alumno atenderá á suma da puntuación outorgada a cada unha das partes antes comentadas, sendo, por tanto, a súa nota de avaliación continua (NEC):
NEC =0,40·PF + 0,15·PI1 + 0,15·PI2 + 0,20·TT + 0,10·MP
No caso de que NEC<5, o alumno deberá presentarse ao exame ordinario, ao non superar a materia por avaliación continua.
Sen embargo, tamén se esixirán uns requisitos mínimos, nalgúns dos apartados, que garantan o equilibrio entre todos os tipos de competencias. Devanditos requisitos son:
- A realización e entrega de todos os puntuables anteriores, tanto de prácticas como do traballo tutelado.
- Obter polo menos un 4 sobre 10 no exame final de avaliación continua.
Aqueles alumnos que non cumplan algún dos requisitos anteriores, deberán presentarse ao exame ordinario para poder superar a materia, e a súa nota de avaliación continua calcularase como:
NEC FINAL = min(4, NEC).
Tamén poderán acudir ao exame ordinario todos aqueles alumnos que desexen mellorar a súa cualificación obtida por avaliación continua.
COMPROMISO ÉTICO: Agárdase que o estudantado teña un comportamento ético axeitado, comprometéndose a actuar con honestidade. En base ao artigo 42.1 do Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo, así como ao punto 6 da norma quinta da Orde DEF/711/2022, do 18 de xullo, pola que se establecen as normas de avaliación, progreso e permanencia nos centros docentes militares de formación para a incorporación ás escalas das Forzas Armadas, a utilización de procedementos fraudulentos en probas de avaliación, así como a cooperación neles implicará a cualificación de cero (suspenso) na acta da convocatoria correspondente, con independencia do valor que sobre a cualificación global tivese a proba en cuestión e sen prexuízo das posibles consecuencias de índole disciplinaria que poidan producirse.