Lección maxistral |
Nestas sesións, explicaranse detalladamente os contidos teóricos básicos do programa, expondo exemplos aclaratorios cos que profundar na comprensión da materia.
Utilizaranse presentacións informáticas e a lousa, sobre todo para transmitir información como definicións, gráficos, algoritmos, etc. Na medida do posible, proporcionarase copia das transparencias aos alumnos con anterioridade á exposición, centrando o esforzo do profesor e do alumnado na exposición e comprensión dos coñecementos. De todos os xeitos, as reproducións en papel das transparencias nunca deben ser consideradas como substitutos dos textos ou apuntamentos, senón como material complementario. |
Prácticas de laboratorio |
O método didáctico a seguir na impartición das clases prácticas consiste en que o profesor tutela o traballo que realizan os diversos grupos nos que se divide o alumnado. As prácticas de laboratorio están dirixidas a afianzar os conceptos teóricos abordados nas sesións na aula, ben coas clases maxistrais, ben co deseño do proxecto. |
Traballo tutelado |
O estudante, de maneira individual ou en grupo, elabora un documento sobre a temática da materia ou prepara seminarios investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc. |
Resolución de problemas |
Resolución de problemas e/ou exercicios. O profesor realiza a resolución dun problema representativo vinculado á teoría. |