Tema |
Subtema |
Tema 1. Concepto de sistema produtivo e os seus elementos.
Obxectivos e desenvolvemento:
Identificar os conceptos de operacións, produción e produtividade no contexto das empresas e das organizacións en xeral. Analizar estudos de casos e lecturas nos que se aplique coñecemento de matemáticas, estatísticas, economía e outros campos científicos para a análise de situacións empresariais.
|
Índice do tema
1.1. Nocións de produción. Sistema produtivo. Contorna actual dos sistemas produtivos.
1.2. Dirección de operacións. Organización para producir bens e servizos.
1.3. Novas tendencias en produción e operacións.
1.4. Produtividade, calidade e responsabilidade social.
|
Tema 2. A produtividade e a súa medida.
Obxectivos e desenvolvemento:
Definir e describir a medida da produtividade. Coñecer os factores que afectan á produtividade e aplicar técnicas organizativas para aumentar a produtividade.
|
Índice do tema
2.1. Concepto de produtividade. Medida da produtividade.
2.2. Factores da produtividade. Labor da dirección. Técnicas para aumentar a produtividade.
2.3. A produtividade nas empresas e nas organizacións. Produtividade e sector servizos.
|
Tema 3. Concepto e funcións da xestión da produción.
Obxectivos e desenvolvemento:
Definir a xestión da produción e identificar as funcións básicas da mesma.
|
Índice do tema
3.1. Xestión da produción. Planificación, programación e control da produción.
3.2. Relacións entre produción, loxística empresarial e operacións.
3.3. Cadea de subministracións. Xestión de existencias. Demanda independente fronte a demanda dependente.
3.4. Funcións do director de produción e operacións.
|
Tema 4. Planificación, programación e control de proxectos.
Obxectivos e desenvolvemento:
Entender cada novo produto ou servizo como un proxecto. Explicar as principais técnicas para planificar, programar e controlar proxectos.
|
Índice do tema
4.1. Importancia estratéxica da dirección de proxectos.
4.2. Planificación do proxecto.
4.3. Programación do proxecto.
4.4. Control do proxecto.
4.5. Introdución a PERT/CPM.
4.6. Representación gráfica de redes PERT/CPM.
4.7. Folguras e camiño crítico.
4.8. Variabilidade nas duracións das actividades.
|
Tema 5. Métodos de previsión da demanda.
Obxectivos e desenvolvemento:
Definir a previsión e os seus enfoques. Describir os métodos de previsión cuantitativos.
|
Índice do tema
5.1. Previsión. Tipos de previsións. Importancia da previsión da demanda. Enfoques da previsión.
5.2. Métodos de previsión cuantitativos. Modelos de series temporais. Modelos causales.
|
Tema 6. Decisións estratéxicas.
Obxectivos e desenvolvemento:
Identificar os enfoques ou estratexias de proceso e layout nas organizacións. Introducir o concepto de planificación da capacidade.
|
Índice do tema
6.1. Estratexias de procesos e layout. Análise e deseño de procesos.
6.2. Capacidade. Planificación das necesidades de capacidade. Ferramentas para a análise e toma de decisións.
6.3. Estratexia de localización. Factores que afectan á decisión de localización. Avaliación de alternativas.
|
Tema 7. Decisións tácticas. Xestión de existencias.
Obxectivos e desenvolvemento:
Describir a xestión de existencias e os seus modelos básicos.
|
Índice do tema
7.1. Funcións das existencias ou inventarios. Xestión de existencias.
7.2. Modelos de inventarios. Modelos con demanda independente. Outros modelos.
|
Tema 8. Decisións tácticas. Planificación, programación e control da produción.
Obxectivos e desenvolvemento:
Identificar os procesos de planificación, programación e control. Explicar a planificación das necesidades de materiais.
|
Índice do tema
8.1. O proceso de planificación. Planificación agregada. Programación e control da produción.
8.2. Planificación das necesidades de materiais (MRP). Xestión de existencias con demanda dependente.
8.3. Estrutura e xestión do MRP.
8.4. Planificación dos recursos da empresa (ERP).
|
Tema 9. Decisións tácticas. A filosofía JIT. Definición e principios.
Obxectivos e desenvolvemento:
Describir a filosofía Just In Time (JIT) e Lean Manufacturing, obxectivos e principios.
|
Índice do tema
9.1. Introdución ao JIT.
9.2. As 4P do JIT.
9.3. Lean Manufacturing.
9.4. Mantemento produtivo total TPM.
|
Tema 10. Introdución ao estudo do traballo.
Obxetivos e desenvolvemento:
Definir o deseño do traballo. Comprender a importancia dunha xestión eficaz e eficiente dos recursos humanos. Explicar os fundamentos do estudo de métodos. Describir o estudo de tempos. Explicar os sistemas de tempos predeterminados. Describir a mostraxe do traballo.
|
Índice do tema
10.1. Deseño do traballo.
10.2. Ergonomía e fisioloxía do traballo.
10.3. Estudo e mellora de métodos.
10.4. Estudo de tempos por cronometraxe.
10.5. Sistemas de tempo predeterminados. O Sistema Methods-Time Measurement (MTM).
10.6. Mostraxe do traballo.
|
Tema 11. Introdución á calidade, medioambiente e seguridade.
Obxectivos e desenvolvemento:
Definir a calidade e as normas internacionais de calidade. Identificar os sistemas e normas de xestión ambiental. Definir a seguridade e a hixiene industrial e comprender a súa importancia na prevención de accidentes no traballo. Analizar varios estudos de caso nos que as empresas tratan aspectos sociais, sanitarios e de seguridade industrial. Co obxectivo de incrementar o número de actividades en que se traten tales aspectos analizaranse varios casos de estudo e vídeos, os cales están reflictidos nas referencias web da bibliografía.
|
Índice do tema
11.1. Definición da calidade. Normas internacionais de calidade. Normas ISO 9000. Normas PECAL/AQAP de requisitos do Ministerio de Defensa (requisitos OTAN).
11.2. Sistemas de xestión ambiental. Normas ISO 14000. Regulamento EMAS.
11.3. Seguridade e hixiene industrial. Prevención de riscos laborais.
|
Práctica 1. Medida e cálculo da produtividade.
|
Desenvolvemento: Exponse situacións de empresas ou organizacións industriais e de servizos nas cales se debe determinar ou medir a produtividade a partir dos datos que se fornecen. Resólvense os problemas e exercicios expostos. Nesta práctica, de cara ó manexo de datos encamiñados a emitir xuízos que impliquen reflexión sobre temas ético-sociais por parte dos alumnos, abordaranse cuestións relativas á planificación de horarios, para intentar dar unha resposta efectiva ás necesidades de persoal, e así analizar como a planificación de horarios supón unha restrición na optimización de procesos dentro dunha empresa.
|
Práctica 2. Programación de proxectos.
|
Desenvolvemento: Consiste na determinación do programa ou calendario dun proxecto mediante as técnicas de PERT e CPM. Nesta práctica, de cara ao manexo de datos encamiñados a emitir xuízos que impliquen reflexión sobre temas ético-sociais por parte dos alumnos, abordaranse cuestións relativas á medida do rendemento dos traballadores e os niveis de motivación laboral, factores que afectan directamente á eficiencia e á duración dun proxecto.
|
Práctica 3. Estimacións da previsión da demanda.
|
Desenvolvemento: Consiste en estimar a previsión da demanda dos produtos ou servizos dunha empresa, utilizando os modelos de series temporais e os modelos causales que se estudaron. Exponse e resólvense diversos problemas de previsión.
|
Práctica 4. Análise de procesos. Deseño de layout. Decisións de capacidade. |
Desenvolvemento: Preséntanse exemplos de diagramas de fluxo e gráficos de procesos e operacións (cursogramas sinópticos e analíticos, diagramas de percorrido, etc.) para a análise de procesos. Exponse e resolven problemas de análises de limiar de rendibilidade, análise de investimentos. Nesta práctica, de cara ó manexo de datos que permitan emitir xuízos que impliquen reflexión sobre temas ético-sociais por parte dos alumnos, abordaranse cuestións encamiñadas a identifica-la incidencia dunha empresa en conservación da natureza, así como no grao de avance cara á equidade social e a eficiencia económica na área de actuación da dita empresa.
|
Práctica 5. Modelos de inventarios con demanda independente. |
Desenvolvemento: Exponse e resolven problemas de xestión de existencias mediante a análise ABC, así como exercicios baseados no modelo da cantidade económica de pedido (EOQ) e as súas variacións (a demanda é independente). |
Práctica 6. Planificación agregada.
|
Desenvolvemento: Exponse e resolven problemas de planificación agregada coas dúas alternativas puras: caza e nivelación. |
Práctica 7. Modelos de inventarios con demanda dependente. |
Desenvolvemento: Exponse e resolven problemas mediante a técnica do MRP, elaborando listas de materiais e calculando os plans de necesidades brutas e netas (a demanda é dependente). |