En caso de non superar algún dos mínimos indicados, a nota máxima do alumno por avaliación continua será un 4 tendo que presentarse ao exame ordinario para superar a materia.
Exames Ordinario e Extraordinario
Co fin de avaliar todas as competencias nos exames ordinario e extraordinario, estes incluirán, ademais de cuestións de teoría e parte de problemas, preguntas da parte de laboratorio. A avaliación considerarase positiva cando se alcance unha puntuación de 5 puntos sobre 10.
Curso intensivo
Aqueles alumnos que non superen a materia por avaliación continua asistirán a un curso intensivo, de 15 horas de duración, no que se realizarán tarefas de reforzo dos principais contidos teóricos e prácticos impartidos na materia. Á finalización do devandito curso realizarase o exame ordinario.
COMPROMISO ÉTICO
Agárdase que o estudantado teña un comportamento ético axeitado, comprometéndose a actuar con honestidade. En base ao artigo 42.1 do Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo, así como ao punto 6 da norma quinta da Orde DEF/711/2022, do 18 de xullo, pola que se establecen as normas de avaliación, progreso e permanencia nos centros docentes militares de formación para a incorporación ás escalas das Forzas Armadas, a utilización de procedementos fraudulentos en probas de avaliación, así como a cooperación neles implicará a cualificación de cero (suspenso) na acta da convocatoria correspondente, con independencia do valor que sobre a cualificación global tivese a proba en cuestión e sen prexuízo das posibles consecuencias de índole disciplinaria que poidan producirse. |