Guia docente 2024_25
Escola Universitaria de Enfermaría da Deputación Provincial de Pontevedra
Grao en Enfermaría
 Materias
  Psicoloxía: Psicoloxía
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2024_25
Materia Psicoloxía: Psicoloxía Código P51G140V01102
Titulación
Grao en Enfermaría
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
9 FB 1 1c
Lingua de impartición
Galego
Prerrequisitos
Departamento Departamento da E.U. de Enfermaría (Pontevedra)
Coordinador/a
Sánchez Radío, Silvia Esther
Correo-e silsanchez@uvigo.es
Profesorado
Sánchez Radío, Silvia Esther
Web http://www.enfermeria.depo.es
Descrición xeral Esta materia forma parte da formación básica que permitirá ao estudantado de enfermaría un acercamento a psicoloxía como estudo científico do comportamento e a súa contribución ao proceso de saúde- enfermidade e calidade de vida das persoas. O que facemos e experimentamos (pensamentos e afectos) constituien factores fundamentais do noso comportamento. A psicoloxía como ciencia e a profesión que aportará uns coñecementos relevantes para unha mellor e máis longa vida. A comprensión dos procesos psicolóxicos sirven de base para o desenvolvemento de competencias relacionadas coa materia e coa enfermaría, coñecementos necesarios que lle capaciten para integralos na prestación dos coidados integrais as persoas ante ás diferentes situacións de saúde-enfermidade. Igualmente se capacitará para establecer e realizar unha relación comunicativa eficaz coa persoa enferma, familia e grupo, tamén se describen os problemas psicolóxicos asociados a situacións especiais: a enfermidade crónica aguda, as reaccións a enfermidade irreversibel, así como os aspectos psicosociais a hospitalización, respostas de afrontamento a enfermidade e cómo xestionar os diferentes tipos de pérdida.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000