Resolución de problemas e/ou exercicios |
Actividades de evaluación continua |
40 |
|
|
|
|
A avaliación continua está constituida pola lección maxistral, a resolución de problemas e/ou exercicios e o estudo de casos. Dependendo do curso e da evolución da lexislación, doutrina e xurisprudencia, ben a resolución de exercicios ben o estudo de casos terán maior ou menor valor relativo. Pero a súa das dúas variables será do 30%. A nota acadada na avaliación continua terá un peso do 40% na
cualificación global. A cualificación obtida no exame final terá un peso
específico do 60% na nota global.
Para poder presentarse ao exame final e respectar a nota de avaliación
continua será imprescindible que: (1) o estudante teña realizado todas
as probas de avaliación continua; e (2) acadar a superación das probas
nas que consta a avaliación continua. Se non se cumpren ambos os
requisitos, o alumno deberá realizar a proba final na modalidade que se
indica ao final deste apartado. Para que a nota da avaliación continua se sume á do exame final, será
necesario que o alumno acade a superación deste último.
O alumnado que non supere a avaliación continua poderá presentarse ao
exame final pero deberá superar unha parte específica na que se
avaliarán as competencias traballadas na avaliación continua que non
superaron. |