O profesor explicará os contidos de cada tema que considere máis relevantes. É necesario que os
alumnos/as completen dita explicación utilizando as fontes de información que figurarán en cada
tema do programa da materia.
Seminario
Peza fundamental no novo sistema de aprendizaxe; aclararanse dúbidas xurdidas nas clases
presenciais, ademais farase un seguimento dos traballos en equipo.
Prácticas de laboratorio
Ditas clases están pensadas como un complemento ás explicacións teóricas.
As clases prácticas están estruturadas como: prácticas de aula e prácticas de computador.
As prácticas de aula están dedicadas á resolución de exercicios tipo. É necesario que o alumno/a
complete a súa formación práctica coa resolución de distintos supostos que lle serán entregados
antes da explicación de cada tema. As dúbidas serán resoltas ben en tutorías personalizadas ou
nalgúns casos na clase práctica.
É fundamental que o alumno resolva algún tipo de exercicios utilizando ferramentas informáticas
(programas específicos, excel, etc.)
Universidade de Vigo
|
Reitoría |
Campus Universitario |
C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) |
España |
Tlf: +34 986 812 000