ELECCIÓN MODALIDADE AVALIACIÓN O alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de avaliación continua, ou alternativamente optar por avaliación global. A avaliación por defecto é a avaliación continua. O alumnado poderá elixir a avaliación global segundo o procedemento e o prazo establecidos polo centro. A elección de avaliación global supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de avaliación continua que resten e á calificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa tiveron lugar.
AVALIACIÓN CONTINUA É o sistema de avaliación que se aplica ao alumnado en caso de non renunciar expresamente á avaliación continua. Realizaranse ao longo do curso as seguintes probas: - Autoavaliación (10%): Son distintas actividades de autoavaliación programadas na plataforma Moovi para cada un dos temas da materia.
- Exame de preguntas obxectivas 1 (30%). Realizarase durante o cuadrimestre. Farase no horario de clases. A data comunicarase a través de Moovi.
- Exame de preguntas obxectivas 2 (30%). Realizarase durante o cuadrimestre. Farase no horario de clases. A data comunicarase a través de Moovi.
- Exame de preguntas de obxectivas 3 (30%). Realizarase o mesmo día que a data oficial de avaliación global da primeira oportunidade.
2ª oportunidadeNa segunda oportunidade de avaliación, haberá un único exame que pode incluír preguntas curtas e/ou un cuestionario de opción múltiple. A cualificación máxima que se pode obter neste exame é de 10 puntos. Non se terán en conta as cualificacións das actividades de autoavaliación nin das distintas probas realizadas ao longo do curso. O exame realizarase o mesmo día que a data oficial da avaliación global da segunda oportunidade.
AVALIACIÓN GLOBAL En caso de renuncia expresa á avaliación continua o alumnado será avaliado mediante un único exame que será do 100%
da cualificación da materia.
As datas e horas das probas de avaliación global (de primeira e segunda oportunidade). En caso de conflito ou disparidade entre as datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da facultade http://webfdxp.webs.uvigo.es/gl/docencia/exames/
NON PRESENTADO. Os estudantes que non participen na avaliación continua nin na avaliación global, figurarán nas actas como "non presentados".
SEGUINTES CURSOS. Se a materia non é superada no curso 2024-25, o alumno ou alumna deberá cursala novamente adaptándose á guía docente que estea vixente no curso académico en cuestión e, por tanto, non conservará ningunha das cualificacións obtidas no presente curso.
RECOMENDACIÓNS A información sobre as probas de avaliación, o seu formato, extensión, rúbrica de avaliación e canles de entrega serán detalladas a través da plataforma Moovi. É responsabilidade do alumno ou alumna estar atento á información subida e recompilar a información específica e complementaria que sexa precisa para superar a materia. Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/show/565 |