Exame de preguntas de desenvolvemento |
Probas que inclúen preguntas abertas sobre un tema. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta argumentada. |
40 |
A1 A2 A3 A4 A5
|
B1 B2 B5
|
C2 C5
|
D1 D2 D3 D5 D6
|
Observación sistemática |
Percepción atenta, racional, planificada e sistemática para describir e rexistrar as manifestacións do comportamento do alumnado. |
10 |
A1 A2 A3 A4 A5
|
B1 B2 B4 B5
|
C2 C5
|
D1 D2 D3 D5 D6
|
Todas as actividades desenvolveranse no marco da avaliación continua. O estudantado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de avaliación continua (AC), ou alternativamente optar por unha proba de Avaliación Global (AG). A avaliación por defecto é a AC. O alumnado poderá elixir AG segundo o procedemento e o prazo establecido pola Facultade. A elección de AG suporá a renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de AC que resten e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa tiveran realizadas. As saídas de estudos e o traballo tutelado terán carácter voluntario. O exame de preguntas de desenvolvemento optará, preferentemente, pola modalidade oral. Os criterios de avaliación serán idénticos para as dúas probas/convocatorias do curso. A información sobre as actividades avaliativas está dispoñible no espazo da materia no campus virtual, baixo a etiqueta “Avaliación” de cada tema. |