AVALIACIÓN CONTINUA E AVALIACIÓN
GLOBAL
A priori enténdese que todo o
alumnado segue a avaliación continua, cuxo compromiso se adquire coa
participación nas actividades de avaliación. Aquela persoa que desexe
presentarse a unha única proba na data oficial (avaliación GLOBAL) debe
comunicalo segundo indica a normativa durante o primeiro mes desde o inicio do
curso. A avaliación GLOBAL constará dunha proba final xeral coa que é posible
medir tódalas competencias, polo tanto, a proba será diferente á do alumnado de
avaliación continua. A cualificación final do alumnado de avaliación continua
será a media das cualificacións acadadas nas actividades realizadas durante o
curso (60% da nota final) e o exame final (40% da nota final). Para calcular a
nota media é obrigatorio acadar unha puntuación mínima de 4 puntos no exame. Se
non se alcanzan os 4 puntos, a nota que constará na avaliación será suspenso
coa nota numérica que corresponda unha vez obtida a media entre ambas as
partes, excepto no caso de que esta sexa superior a 5, caso en que se
consignará a puntuación de 4,9. A persoa que non se presente ó exame constará
como Non Presentado, aínda que entregase actividades de avaliación continua.
A asistencia ás clases, así como a
actitude, boa disposición e participación nelas teranse en conta positivamente
na cualificación final e matrícula de honra.
As actividades de avaliación continua inclúe
as seguintes metodoloxías: ESTUDO DE CASOS: inclúe actividade 1 (20%), A
actividade 2 (20%) consiste nun proxecto de innovación docente que aplica o MÉTODOS
DE INVESTIGACIÓN e consiste en realizar unha actividade grupal que require
un traballo previo individual de indagación e traballo de campo. Hai unha PRÁCTICA CON APOIO ÁS TIC (10%)
que se vai realizar co apoio do Persoal de Biblioteca e un FORO /debate
(10%).
CONVOCATORIA
EXTRAORDINARIA
Durante o
mesmo curso académico, manteranse as notas das probas superadas na primeira
convocatoria (ordinaria) para a segunda convocatoria (extraordinaria).
Poderanse entregar probas non realizadas ou suspendidas, excepto aquelas que se
realizaron na aula e non sexa posible recuperar a puntuación relativa á
participación e asistencia.