Resolución de problemas |
Resolución de casos prácticos (PRÁCTICAS). O alumnado terá á súa disposición a asistencia da docente para facilitar o desenvolvemento desta actividade. Análise, reflexión e exposición de cuestións que teñan que ver coas principais problemáticas suscitadas nas clases teóricas realizadas a través da lección maxistral. O alumnado terá á súa disposición a asistencia en clase da docente para facilitar o desempeño desta actividade. Algunhas destas prácticas poderanse realizar a través do sistema de "elaboración de traballos a través do sistema de Aprendizaxe Basada en Proxectos" (ABP) encomendados polo profesorado sobre temas relacionados coa materia e orientados a mellorar a comprensión dos contidos e competencias relacionadas coa cooperación, liderado, comunicación e fortalecemento das relacións persoais. |
30 |
A1 A2 A3 A4 A5
|
B1 B2 B3 B4 B5
|
C2 C3 C12 C15
|
D1 D2 D3 D4 D5
|
Estudo de casos |
Estudo, análise, reflexión e exposición de casos e traballo tutelado sobre as cuestións tratadas na materia. O profesorado asistirá ao alumnado naquelas cuestións e dúbidas formuladas (en clase e a través de titoría personalizada) para a súa elaboración. A realización e avaliación desta proba pódese realizar a través da metodoloxía de ApS (de acordo cos liñamentos aprobados pola Área de Responsabilidade Social e cooperación) e/ou a través de ABP (Aprendizaxe Baseada en Proxectos -proxecto de innovación docente da Facultade-). Toda a información sobre esta forma de supera-los estudios de casos estará dispoñible con claridade para o alumnado. A elección entre realiza-los estudios de casos a través de traballos, ou realizalos polas metodoloxías de (ApS e/ou Proxecto de Innovación ABP) será voluntaria por parte do alumnado, os que serán debidamente informados desde o inicio da docencia da disciplina sobre ámbalas modalidades, a súa realización e avaliación. A docente tamén publicará esta información detallada no espazo reservado para a disciplina en Moovi. ApS é unha APRENDIZAXE EXPERIENCIAL (conectando con varios grupos a través dunha ou varias entidades públicas), preparando os estudantes para a cidadanía global e a responsabilidade social nun mundo interconectado, "glocal", especialmente en TEMAS ALIÑADOS COS ODS DA AXENDA 2030: protección do patrimonio cultural ; igualdade e non-discriminación; protección do ambiente; seguridade alimentaria (prácticas agrícolas sustenbles e resilientes e diversidade xenética); a economía circular; desperdicio mundial de alimentos; problemas enerxéticos e renovables; as novas tecnoloxías e a afección ós dereitos fundamentais; valores UE. O PROXECTO DE INNOVACIÓN DOCENTE (ABP) tamén estará aliñado a estas temáticas da disciplina. |
30 |
A1 A2 A3 A4 A5
|
B1 B2 B3 B4 B5
|
C2 C3 C12 C15
|
D1 D2 D3 D4 D5
|
A información sobre
as actividades avaliativas está dispoñible no espazo da materia no campus
virtual, baixo a etiqueta Avaliación de cada tema. É condición
indispensable para a realización da avaliación final da materia, a obtención do
polo menos 0,5% en cada un dos puntos (Probas tipo test, Prácticas e Estudios
de casos). Como se expresou en
apartados anteriores, ao longo do curso realizaranse 3 probas cunha ponderación
ou valor das Probas = Probas Tipo Test (40%) + Prácticas (Resolución de
Problemas) (30%) + Estudio de casos (30%). Na convocatoria
ordinaria e na convocatoria extraordinaria, abrirase un decreto para que o
alumnado se poida someter a estas probas a través de avaliación continua, logo
da data oficial pola Facultade establecida para o "exame final".
Desta maneira existe a posibilidade de realizar a avaliación (continua e/ou
avaliación global) na convocatoria ordinaria e na convocatoria extraordinaria. Na convocatoria
extraordinaria (xuño/xullo) aplicaranse os mesmos criterios sinalados para a
convocatoria ordinaria ou primeira convocatoria, excepto no relativo ás
metodoloxías ABP, ApS e Proxecto de innovación da Facultade, as cal se deberán
realizar na 1ª convocatoria ou convocatoria ordinaria (de setembro a decembro).
O alumnado terá opción a presentarse á convocatoria extraordinaria (segunda
convocatoria) a partir da adaptación que destas actividades realice o docente e
cuxo contido será colgado da plataforma. Esta é unha Materia
do programa English Friendly. Os/ as estudantes internacionais poderán
solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliografías para o
seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e
avaliacións en inglés. Descrición do programa English Friendly: As materias
English Friendly son materias de graos e mestrados oficiais da Universidade de
Vigo que se imparten en castelán/galego, pero nas que o profesorado adquire os
seguintes compromisos: Indicar o carácter English Friendly da materia na guía
docente, segundo o procedemento indicado pola Vicerreitoría; Traducir a guía
docente da materia ao inglés durante o período de edición das guías docentes,
prestando especial atención a descrición xeral, contidos e avaliación;
Facilitar os materiais e as referencias bibliográficas para o seguimento da
materia en inglés, no caso de que así o precisase o estudantado internacional;
Atender as titorías en inglés, se así o precisase o estudantado internacional;
Deseñar e implementar as probas e as avaliacións en inglés, se así o precisase
o/a estudante internacional; Sempre que sexa posible, as presentacións PPT ou
noutro formato, subiranse ao espazo MOOVI en dúas versións (inglés e
español/galego); As prácticas/exercicios/casos de estudo ofreceranse tanto en
inglés coma en español/galego, sempre que sexa posible. Será requisito necesario para o desenvolvemento da materia que o
profesorado da mesma poida dispoñer dunha FOTOGRAFÍA actualizada* do alumnado
que deberán subir á plataforma a comezos de curso, e sempre antes do día 30 de
setembro. (*) A única finalidade do tratamento deste dato é que o profesorado
da materia poida verificar a identidade do alumnado matriculado na mesma. A
base de lexitimación para o tratamento deste dato realízase en aplicación do
disposto no artigo 6.1e) do RXPD no que o tratamento é necesario para o
exercicio dos poderes públicos conferidos ao responsable do tratamento baseados
no artigo 9 da Lei 39/2015, do 1 de outubro do procedemento administrativo
común das administracións públicas e no artigo 25.7 do RD 1791/2010, de 30 de
decembro, polo que se aproba o Estatuto do Estudante Universitario. O acceso á
imaxe e aos datos persoais do alumnado só é permitido ao profesorado de cada
materia para a realización das actividades académicas indicadas nesta guía
docente e non serán utilizados nin divulgados para ningunha outra finalidade,
debendo gardar o correspondente deber de confidencialidade dos mesmos. |