Presentación |
Para poder defender o TFG cómpre ter aprobadas todas as materias do Grao (agás a materia TFG). O Tribunal colexiado ou o unipersoal avaliará o 100% do TFG e a súa defensa. Ao respecto, débese cumprir o disposto no Regulamento TFG GDGP vixente. O TFG debe ser orixinal e está prohibido o plaxio. Deberase citar debidamente, e ter respecto á propiedade intelectual doutros/as autores/as. O Tribunal poderá empregar medios para verificalo, tales como un programa antiplaxio. No caso de cometer falta de orixinalidade e/ou praxio, o Tribunal poderá asigna-la nota de 0 (suspenso), e terá o deber de comunicalo ós órganos competentes para que, se é o caso, adopten as medidas sancionadoras que consideren necesarias. O TFG debe ser respectuoso cos dereitos establecidos na Constitución española vixente, e é preciso facer un uso inclusivo da lingua (perspectiva de xénero e respecto á diversidade sexual). Sobre cada convocatoria, débese ter en conta as indicacións da Coordinación do TFG. |
100 |
A1 A2 A3 A4 A5
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10
|
C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 C10 C11 C12 C13 C14 C15 C16
|
D1 D2 D3 D4 D5 D6
|
A
presentación do traballo fin de grao será sempre pública, e de acordo co
Regulamento de TFG da Facultade de Dirección e Xestión Pública. Poderase
presentar de forma virtual ou presencial e utilizando a modalidade de tribunal
colexiado ou tribunal unipersoal. Para estas cuestións de procedemento,
seguirase en todo momento o expresado no Regulamento para a Elaboración de
Traballos de Final de Grao da Facultade de Dirección e Xestión Pública na súa
versión vixente. Sobre cada convocatoria, débese ter en conta as indicacións da
Coordinación do TFG. |