Prácticum, Practicas externas e clínicas |
O/A estudante desenvolve as actividades nun contexto relacionado co exercicio dunha profesión, durante un período determinado, realizando as funcións asignadas e previstas na proposta de prácticas. No caso do Prácticum, estas prácticas inclúense con carácter obrigatorio en estudos conducentes a determinadas profesións reguladas. As prácticas clínicas desenvólvense nun contexto relacionado cunha profesión na área de Ciencias da Saúde. |
Traballo tutelado |
O/A estudante, de maneira individual ou en grupo, elabora un documento sobre a temática da materia ou prepara seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias etc. |