Nos últimos anos é un feito incuestionable o desenvolvemento da Sociedade da Información e do Coñecemento en todos os ámbitos da actividade humana e, en especial, nas administracións públicas. A aplicación das novas tecnoloxías está a posibilitar a apertura de canles de interacción cada vez máis intensos entre administración e administrado.
A proliferación de conceptos tales como goberno aberto, goberno electrónico, administración electrónica, gobernanza electrónica ou democracia electrónica ven a constatar o xurdimento dunha nova dimensión na que a política, e máis concretamente, as diferentes políticas públicas deixan de ser un reduto exclusivo dos centros tradicionais de poder para seren deseñadas e implementadas co concurso activo da cidadanía.
A presente materia achega ao alumnado ao estudo do Goberno Aberto, intentando descubrir os alicerces do seu funcionamento e estrutura. Con esta fin centrarémonos:
1- Na análise da Sociedade da Información e do Coñecemento como contexto de desenvolvemento do Goberno Aberto.
2- Na aproximación teórico-conceptual ao Goberno Aberto dende o paradigma do Goberno electrónico.
3- No coñecemento de experiencias de Goberno aberto no ámbito da transparencia, participación e colaboración.
4-Nos plans e estratexias de Goberno e Administración electrónica do Estado e da Xunta de Galicia
5- Nos principais servizos electrónicos: eSaúde e eEducación.