Guia docente 2024_25
Facultad de Dirección y Gestión Pública
Grao en Dirección e Xestión Pública
 Materias
  Creatividade e solución de problemas nas organizacións públicas
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2024_25
Materia Creatividade e solución de problemas nas organizacións públicas Código P07G092V01402
Titulación
Grao en Dirección e Xestión Pública
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OP 4 1c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento
Coordinador/a
Varela Álvarez, Enrique José
López Mira, Álvaro Xosé
Correo-e
Profesorado
Web
Descrición xeral A creatividade e a innovación son unha parte do conxunto de elementos que definen ás persoas e á complexidade das institucións públicas actuais. Conforman un sistema para a mellora das políticas e servizos públicos a través da solución dos problemas públicos e sociais. Así, e dende os tempos das grandes reformas e modernizacións administrativas do século XX, entramos no século XXI nun contexto de complexidade e rapidez que obriga ás institucións públicas e ás persoas que nelas traballan a mellorar dun xeito áxil os seus procesos, actividades e servizos. Este é o escenario actual no que o conxunto dos empregados públicos debe desenvolver as súas capacidades, competencias, habilidades e destrezas. E deben facelo en colaboración con outros axentes públicos, privados e sociais que se integren nos modelos de políticas e servizos públicos do século XXI. Esta materia, centra o seu interese na dobre dimensión institucional do cambio administrativo vinculado aos procesos de modernización e innovación pública, e na dimensión humana relacionada coas personas que axudan a co-deseñar y co-producir a acción pública nos marcos das Axendas 2030, baixo os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible 16 e 17. A tal fin, o alumnado que participa na materia debe implicarse na súa “co-produción” para chegar a comprender a importancia do desempeño individual na mellora institucional. Neste papel de mellora e innovación, a creatividade xoga un papel moi relevante como dimensión humana vinculada ao emprego público que “quere” poñer a disposición dos cidadáns, a través das políticas e servizos desenvolvidos pola súa institución pública, as súas competencias, o seu talento e, en definitiva, a súa intelixencia “tácita”, máis aló das funcións e competencias deseñadas no século XX. Nas seguintes semanas o alumnado deberá comprender a actual complexidade pública, así como interiorizar os elementos de mellora e creatividade nas institucións públicas e a súa contribución á resolución de problemas complexos.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000