Será requisito necesario para o desenvolvemento da materia que o profesorado da mesma poida dispor dunha FOTOGRAFÍA
actualizada do alumnado que deberán subir á plataforma a comezos de curso, e sempre antes do día 30 de setembro.
A única finalidade do tratamento deste dato é que o profesorado da materia poida verificar a identidade do alumnado
matriculado na mesma.
A base de lexitimación para o tratamento deste dato realízase en aplicación do disposto no artigo 6.1e) do RXPD no que o
tratamento é necesario para o exercicio do poder públicos conferidos ao responsable do tratamento baseados no artigo 9 da
Lei 39/2015, de 1 de outubro do procedemento administrativo común das administracións públicas e no artigo 25.7 do RD
1791/2010, de 30 de decembro, polo que se aproba o Estatuto do Estudante Universitario.
O acceso á imaxe e aos datos persoais do alumnado só é permitido ao profesorado de cada materia para a realización das
actividades académicas indicadas nesta guía docente e non serán utilizados nin divulgados para ningunha outra finalidade,
debendo gardar o correspondente deber de confidencialidade dos mesmos.
Máis información: https://www.uvigo.gal/proteccion-datos |