AVALIACIÓN
CONTINUA E GLOBAL A priori
enténdese que todo o estudiantado segue a avaliación continua cuxo compromiso
adquírese coa participación nas actividades de avaliación. Aquela persoa que
desexe presentarse a unha única proba na data oficial (avaliación GLOBAL)
ten que comunicalo conforme indica a normativa durante o primeiro mes dende que
comeza o curso. A avaliación GLOBAL constará dunha proba final xeral coa que é posible medir todas as competencias, por iso a proba será diferente a
do alumnado de avaliación continua. A cualificación
final do alumnado de avaliación continua será a media das cualificacións
acadadas nas actividades realizadas nos Grupos Reducidos (60% da nota final) e
no exame final. Para calcular a nota media é obrigatorio acadar unha puntuación
mínima de 4 puntos nas actividades dos Grupos Reducidos e no exame. Se nalgunha
destas partes non se chega aos 4 puntos a nota que constará na avaliación
será suspenso coa nota numérica que corresponda una vez obtida a media entre
ambas partes, agás no caso de ser superior a 5 na que se outorgará unha
puntuación de 4,9 A persoa non se
presente ao exame constará como Non Presentado, aínda que entregara actividades
de avaliación continua. Respecto ás
actividades realizadas nos Grupos Reducidos a ponderación repártese do seguinte
modo: - Cartafol (20%) teranse en conta a asistencia e
participación así como probas breves realizadas na aula e co personal de biblioteca. - Estudio de caso (20%) consta dun traballo escrito
ponderado en 15% e a exposición ponderado en 5%; - Traballo
tutelado (20%) consta dunha primeira parte de análise individual ponderado en 10%
e outra grupal ponderado noutro 10%. A asistencia ás clases, así como a actitude, boa disposición e participación nas mesmas terase en conta positivamente para o rendondeo e matrícula de honra. CONVOCATORIA
EXTRAORDINARIA Durante o mesmo
curso académico, manteranse as notas das probas superadas na primeira
convocatoria (ordinaria) para a segunda convocatoria (extraordinaria). Poden
facerse entregas de probas non realizadas ou suspensas, agás aquelas que se
realizasen na aula, e non sexa posible a recuperando da puntuación relativa á participación e
asistencia. |