Explicación por parte do profesorado do desenvolvemento e avaliación da materia. Aclaración de dúbidas.
Lección maxistral
Exposición por parte do profesorado dos contidos teóricos da materia obxecto de estudo.
Cartafol/dossier
O/A estudante irá recollendo evidencias dos exercicios individuais realizados gardando un dossier con evidencias do traballo realizado, valoración das competencias alcanzadas e, de selo caso, propostas de mellora.
Unha parte importante deste dossier será o traballo realizado con Persoal da Biblioteca.
Estudo de casos
Selección dun caso acorde ás preferencias individuais de cada estudante. Desenvolvemento metodolóxico dunha proposta de estudo.
Traballo tutelado
O estudantado realizará unha análise individual de materiais de recollida de traballo de campo. En grupo elaborarán un documento no que amose a súa capacidade analítica e de presentación de resultados.