Nos últimos tempos, observouse un crecente interese en optimizar o uso dos recursos públicos e en orientar as administracións cara a un mellor servizo á cidadanía. Como resultado, as técnicas de xestión de persoas, inspiradas no sector privado, volvéronse cada vez máis relevantes nas organizacións públicas.
Os cambios centráronse en recoñecer que as prácticas relacionadas co emprego, as remuneracións, os métodos de traballo, os resultados e a actitude do persoal inflúen directamente na eficiencia e eficacia das
administracións públicas. Por tanto, o programa que presentamos a continuación ten como obxectivo
contribuír (ou polo menos presentar) os instrumentos aplicables neste tipo de organizacións.
Materia do programa English Friendly.
Os/ as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliografías
para o seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés