Educational guide 2024_25
Facultade de Dirección e Xestión Pública
Grao en Dirección e Xestión Pública
 Materias
  Ciencia política: Gobernos autonómicos
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2024_25
Materia Ciencia política: Gobernos autonómicos Código P07G092V01110
Titulación
Grao en Dirección e Xestión Pública
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 FB 1 2c
Lingua de impartición
#EnglishFriendly
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento
Coordinador/a
López Mira, Álvaro Xosé
Cordal Rodríguez, Constantino
Correo-e
Profesorado
Web
Descrición xeral Non resulta posible entender os modelos políticos estatais do século XXI sen referirse aos maiores ou menores niveis de descentralización política que os mesmos teñen. O Estado moderno naceu vertebrado na centralización do poder contra a disgregación do mesmo propio da poliarquía medieval e ao que os ilustrados tacharon de absolutamente irracional e fonte de escurantismo e inxustiza. Como tantos arquetipos xacobinos tivo un percorrido práctico limitado, case sempre freado, en maior ou menor medida, polos múltiples poderes locais e é que resulta moi difícil poñerlle couto ao enorme e rico pluralismo que caracteriza aos distintos modos de convivencia en sociedade que temos os seres humanos. Sexa como sexa esas tensións foron -en moitos casos- persistentes na maior parte das organizacións política estatais, caracterizando unha das liñas de fractura social que singulariza Rokkan. Mesmo en pouco máis de dous séculos o símbolo de modernidade que representaba a centralizacion, tornouse no contrario, en obxecto de crítica por falta dela.
O Estado español non só non é unha excepción á pauta que sinalamos senón que o cleavage centro-periferia parece constituír a cerna da súa existencia social e política ao longo da súa historia e, como elemento idiosincrático que é, a súa vitalidade non diminuíu co transcurso do tempo nin polo combate persistente e mesmo violento dos distintos réximes políticos experimentados; pola contra, na nosa contemporaneidade segue sendo foco de permanente conflito e definidor das axendas de toda índole (políticas, sociais, mediáticas, económicas).
O estudo da materia Gobernos autonómicos pretende abordar a complexidade deste fenómeno centrándose no modelo institucionalizado en 1978, aínda que cómpre sinalar que a súa evolución durante os últimos corenta anos levou consigo non poucas mutacións no mesmo e, como sinalamos, é tema latente no permanente intento de busca de solucións á problemática vertebración territorial española, caracterizada polas pulsións emotivas máis que pola racionalidade organizativa. Pódese apreciar, en conclusión, que o tema será difícil de interpretar mais, precisamente por iso, constituirá un reto para a Ciencia da Política que pretendemos implementar desde as nosas aulas.
Materia do programa English Friendly. Os/ as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliografías para o seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000