Guia docente 2023_24
Facultad de Diseño
Grao en Deseño
 Materias
  Sistemas de representación
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Exame de 5 preguntas de 0,8 puntos con contidos teórico prácticos da materia. 40 A1
A5
B1
C7
Proxecto Exercicio de curso por valor de 3 puntos.
Exercicio práctico a realizar polo alumno durante o curso sobre un tema proposto polo profesor.
Carácter obrigatorio.
30 A1
A4
A5
B1
C4
C7
Resolución de problemas e/ou exercicios Exercicio de prácticas por valor de 3 puntos.
Exercicio práctico a realizar ao final das clases prácticas sobre o temario práctico desenvolvido.
Carácter obrigatorio.
30 A1
A5
B1
C4
C7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Asistencia ás clases teóricas.

Non é directamente avaliábel, pero sempre será materia de exame o que nelas se imparta.

Asistencia ás clases prácticas.

A asistencia ás prácticas de laboratorio será obrigatoria. Por cada falta inxustificada, restarase 0,5 puntos da nota final.

Estudantes con avaliación continua, cualificación na convocatoria da 2ª edición.

Esta segunda edición da convocatoria ordinaria cualificarase da seguinte maneira:

Un exame por valor de 4 puntos nos mesmos termos especificados para a 1ª edición.

A nota do traballo ou proxecto manterase (ata 3 puntos), existindo tamén a posibilidade de refacer o traballo para mellorar esta nota.

Manterase a puntuación acadada na proba práctica de laboratorio (ata 3 puntos), pero tamén se poderán realizar exercicios sobre clases prácticas para mellorar a nota ao rematar o exame da 2ª edición.

Estudantes aos que lles foi concedida pola facultade a posibilidade de ser cualificados sen avaliación continua.

A súa avaliación abrangue contidos teóricos e prácticos da materia por valor de 10 puntos da seguinte maneira:

Exame de preguntas obxectivas: exame de 5 preguntas de 0,8 puntos con contidos teórico-prácticos da asignatura.

Exame consistente na resolución de varios problemas teórico-prácticos, cuxo valor será o 60% da nota final.

Estas probas de avaliación realizaranse nas datas habilitadas para exames e fixadas polo centro.

Convocatoria extraordinaria.

O exame da convocatoria extraordinaria abrangue contidos teóricos e prácticos da materia por valor de 10 puntos da seguinte maneira:

Exame de preguntas obxectivas: exame de 5 preguntas de 0,8 puntos con contidos teórico-prácticos da asignatura.

Exame consistente na resolución de varios problemas teórico-prácticos, cuxo valor será o 60% da nota final.

Estas probas de avaliación realizaranse nas datas habilitadas para este tipo de exames e fixadas polo centro.

Compromiso ético.

Esperase que o estudante presente un comportamento ético adecuado, atendendo especialmente ao indicado nos Artigos 39, 40, 41 e 42 do Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo (aprobado no claustro de 18 de abril de 2023).

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000