No desenvolvemento da materia utilizarase unha metodoloxía de avaliación continua baseado na combinación das seguintes tipoloxías de actividades: - Estudo de casos 40% - Resolución de problemas e/ou exercicios 40% - Observación sistemática 20% Metodoloxía de avaliación global A elección da modalidade global de metodoloxía significará que o alumnado deberá presentar e superar o mesmo número de traballos e segundo as mesmas características requiridas na metodoloxía global. Os exercicios deberán presentarse nun exame final, a desenvolverse durante o período oficial de exames. A data e hora será comunicada a comezo de curso no cronograma da materia. Neste caso, a avaliación será da seguinte maneira: Estudo de casos: 20% Resolución de problemas de forma autónoma: 40% Exame: 40% Convocatoria extraordinaria Na convocatoria extraordinaria o alumnado deberá presentar e superar o mesmo número de traballos e segundo as mesmas características requiridas na metodoloxía global. Os exercicios deberán presentarse nun exame final, a desenvolverse durante o período oficial de exames. A data e hora será comunicada a comezo de curso no cronograma da materia. A avaliación será da seguinte maneira: Estudo de casos: 20% Resolución de problemas de forma autónoma: 40% Exame: 40% A non presentación dalgún dos exercicios suporá o suspenso da asignatura, tanto en convocatoria ordinaria como extraordinaria. Datas de avaliación: Poden consultarse todas as datas das probas de avaliación aprobadas polo centro na dirección: https://deseno.uvigo.gal/horarios-calendarios-avaliacions-gd-gal/ |