Guia docente 2023_24
Facultad de Diseño
Grao en Deseño
 Materias
  Laboratorio integrado: Procedementos I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Caderno de campo. Avaliación progresiva da asimilación de contidos, da calidade técnica, da iniciativa na experimentación e a procura propia de recursos. 40 A5
C5
C14
D3
Resolución de problemas e/ou exercicios O proxecto final demostrará a asimilación de todos os contidos teórico-prácticos da materia e as habilidades para aplicalos a través dun libro/portfolio. Valorarase o proceso de investigación con técnicas e materiais, o nivel de acabado e a toma de iniciativa na experimentación. A achega dunha linguaxe persoal á proposta e a adecuación a aplicacións dentro do ámbito do deseño gráfico e o deseño de moda. 40 A5
C4
C5
C14
D3
Observación sistemática Valorarase a asistencia, o grao de interese, o seguimento de exercicios e a participación activa na materia, así como a evolución na traxectoria do curso. 20 A5
C5
C14
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

No desenvolvemento da materia utilizarase unha metodoloxía de avaliación continua baseado na combinación das seguintes tipoloxías de actividades: 

- Estudo de casos 40%

- Resolución de problemas e/ou exercicios 40%

- Observación sistemática 20%

Metodoloxía de avaliación global 

A elección da modalidade global de metodoloxía significará que o alumnado deberá presentar e superar o mesmo número de traballos e segundo as mesmas características requiridas na metodoloxía global. Os exercicios deberán presentarse nun exame final, a desenvolverse durante o período oficial de exames. A data e hora será comunicada a comezo de curso no cronograma da materia. 

Neste caso, a avaliación será da seguinte maneira: 

Estudo de casos: 20% 

Resolución de problemas de forma autónoma: 40% 

Exame: 40%

Convocatoria extraordinaria

Na convocatoria extraordinaria o alumnado deberá presentar e superar o mesmo número de traballos e segundo as mesmas características requiridas na metodoloxía global. Os exercicios deberán presentarse nun exame final, a desenvolverse durante o período oficial de exames. A data e hora será comunicada a comezo de curso no cronograma da materia. 

A avaliación será da seguinte maneira: 

Estudo de casos: 20% 

Resolución de problemas de forma autónoma: 40% 

Exame: 40%

A non presentación dalgún dos exercicios suporá o suspenso da asignatura, tanto en convocatoria ordinaria como extraordinaria.

Datas de avaliación:

Poden consultarse todas as datas das probas de avaliación aprobadas polo centro na dirección: https://deseno.uvigo.gal/horarios-calendarios-avaliacions-gd-gal/

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000