Guia docente 2023_24
Facultad de Diseño
Grao en Deseño
 Materias
  Laboratorio integrado: Procedementos I
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral A sesión maxistral será o comezo de cada unha das clases, centrada en expoñer os conceptos e ferramentas de manexo de técnicas e materiais que posteriormente o alumnado desenvolverá esa sesión a modo de prácticas no taller.
Resolución de problemas de forma autónoma O alumnado deberá realizar un proxecto global con forma que demostre a asimilación de contidos da materia e a súa aplicación persoal de maneira creativa e tecnicamente correcta. Valorarase o proceso de investigación con técnicas e materiais, o nivel de acabado e o risco na experimentación.
Estudo de casos Unha vez finalizada a sesión maxistral, espérase que os estudantes realicen unha análise exhaustiva dos recursos presentados e experimenten coas diferentes técnicas e soportes aprendidos. O obxectivo principal é asimilar os conceptos abordados durante a clase e descubrir novas posibilidades creativas a través da aplicación destes recursos no taller. Deberá levar constancia de toda a experimentación a través dun caderno de campo onde reflicta a traxectoria na materia.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000