Guia docente 2023_24
Facultad de Diseño
Grao en Deseño
 Materias
  Expresión artística: Fundamentos da cor
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas de forma autónoma A partir das clases maxistrais proporase o desenvolvemento dun caderno de campo no que se traballe a análise, a experimentación bidimensional e a elaboración de bosquexos que serán expostos na aula. 30 A1
C3
Estudo de casos Análise da identidade visual dunha marca concreta 20 A1
C14
Resolución de problemas e/ou exercicios Exercicios popostos para resolver en periodos curtos de tempo

Proxecto de grupo que se desenvolve ao longo dos 2/3 das semanas lectivas
40 A1
A5
C3
C14
Observación sistemática A participación activa, os análises, as propostas e reflexións así como as dinámicas de grupo veranse reflexadas na avaliación continua 10 A5
C14
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua

A avaliación do curso realizarase dun xeito continuo, en base ás metodoloxías e probas seguintes:

Exercicio de análise

Estudio de caso

Caderno/ dossier

Proxecto de creación

Para superar a materia é preciso ter como mínimo un 5 en cada unha das probas de avaliación.

Avaliación global

O alumnado ao que se lle conceda a posibilidade de avaliación global deberá contactar ao inicio do cuatrimestre coas persoas docentes da materia para coñecer os contidos das probas de avaliación. A proba de avaliación global consistirá na entrega dos traballos solicitados durante o cuatrimestre.

Convocatoria extraordinaria de xullo

O alumnado, tanto da modalidade de avaliación continua como avaliación global, que non teña superada a primeira convocatoria deberá presentar, na segunda convocatoria, so aqueles traballos ou exercicios cunha nota menor de 5.

Datas de avaliación

Pódense consultar as datas oficiais na web https://deseno.uvigo.gal/horarios-calendarios-evaluaciones-gd-esp/

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000