Guia docente 2023_24
Facultad de Diseño
Grao en Deseño
 Materias
  Expresión artística: Fundamentos da cor
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Resolución de problemas de forma autónoma O alumnado deberá ser capaz de afrontar a resolución de diferentes problemas planexados na aula a partir das leccións maxistrais e os estudios de casos como traballo autónomo. O/A profesor/a atenderá de xeito personalizado o traballo autónomo do alumnado, plantexando correccións, posibles melloras e alternativas de resolución do problema plantexado.
Probas Descrición
Resolución de problemas e/ou exercicios O alumnado tamén deberá ser capaz de afrontar a resolución de diferentes problemas planexados na aula no propio entorno do taller, en diálogo constante cos seus compañeiros/as. O/A profesor/a atenderá de xeito personalizado o traballo do alumnado, fomentando o diálogo e o debate na aula.
Observación sistemática O/A profesor/a realizará unha observación sistemática do traballo do alumnado dun xeito personalizado, antendendo a actitude proactiva, o fomento do debate entre compañeiros/as, a exposición dos exercicios e os traballos.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000