Avaliación continua: Serán aplicados as porcentaxes e conceptos anteriores
O
alumnado que siga a avaliación continua terá que entregar todos os traballos,
exercicios e probas para ser avaliado nesta modalidade, así como cumprir
coa asistencia obrigatoria.
Para
superar a materia será necesario obter unha media de 5 calculando as
porcentaxes detalladas en cada un dos bloques de avaliación.
Imprescindible ter un 4 como nota mínima en cada un dos bloques para que se
proceda a calcular a nota media.
Avaliación global:
O estudantado que opte pola modalidade de avaliación
global deberá comunicarllo por escrito ao responsable da materia no
prazo
máximo dun mes dende o inicio da docencia da materia e suporá a
anulación automática de todas as cualificacións obtidas polo método de
avaliación continua.
Neste caso, a avaliación será da seguinte maneira:
- Resolución de problemas e/ou exercicios: Varias entregas independentes ( mínimo de 3) de problemas ou exercicios que se avaliarán de xeito independente nas que se terá en conta a execución técnica adecuada de procedementos e experimentacións de caracter plástico, de deseño e visual específico.
60%
- Lección maxistral/ proba final de avaliación de coñecemento de contidos teóricos
40%
CONVOCATORIA EXTRAORDINARIANa convocatoria extraordinaria o alumnado deberá presentar e superar o mesmo número de traballos e segundo as mesmas
características requiridas na metodoloxía global. Os exercicios deberán presentarse nun exame final, a desenvolverse
durante o período oficial de exames.
A avaliación será da seguinte maneira:
- Resolución de problemas e/ou exercicios: Varias entregas independentes ( mínimo de 3) de problemas ou exercicios que se avaliarán de xeito independente nas que se terá en conta a execución técnica adecuada de procedementos e experimentacións de caracter plástico, de deseño e visual específico.
60%
- Lección maxistral/ proba final de avaliación de coñecemento de contidos teóricos
40%
A non presentación dalgún dos exercicios suporá o suspenso da asignatura, tanto en convocatoria ordinaria como
extraordinaria.
Datas de avaliación:
Poden consultarse todas as datas das probas de avaliación aprobadas polo centro na dirección:
https://deseno.uvigo.gal/horarios-calendarios-avaliacions-gd-gal/