Guia docente 2024_25
Facultad de Diseño
Grao en Deseño
 Materias
  Laboratorio de materiais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Varias entregas de exercicios que se avaliarán de maneira independente e nas que se valorará o proceso de investigación cos materiais e o nivel de acabado. Tamén se terá en conta a achega dunha linguaxe persoal de carácter plástico, dentro do ámbito do deseño. 40 A5
B1
C2
C14
D3
Estudo de casos Avaliación progresiva da asimilación de contidos, da calidade técnica, da iniciativa na experimentación e a procura propia de recursos. 40 A5
B1
C2
C14
D3
Presentación O alumnado realizará unha presentación final dos seus exercicios. 10 A5
B1
C2
C14
Observación sistemática Valorarase a asistencia, o grao de interese, o seguimento de exercicios e a participación activa na materia, así como a evolución na traxectoria do curso. 10 A5
B1
C2
C14
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Convocatoria ordinaria

No desenvolvemento da materia se empleará unha metodología de avaliación continua, polo que a
asistencia ás clases será obrigatoria, así como a entrega de todos e cada un dos exercicios propostos. A avaliación se realizará en base ás seguintes tipologías de actividades:
  • Resolución de problemas e/ou exercicios: 40%
  • Estudo de casos: 40%
  • Presentación: 10%
  • Observación sistemática: 10%
Para o alumnado ao que se lle conceda a opción de avaliación
global
, a proba de avaliación consistirá en presentar e superar o mesmo número de traballos e según as mesmas características requiridas na metodología de avaliación continua, así como a realización dunha presentación o día da proba.

Neste caso, a avaliación será da seguinte maneira:
  • Resolución de problemas e/ou exercicios: 80%
  • Presentación: 20%

Convocatoria extraordinaria de xullo

Na convocatoria extraordinaria, o alumnado deberá presentar e superar o mesmo número de traballos e según as mesmas características requiridas na avaliación global. Os exercicios deberán presentarse nun exame final, que se llevará a cabo durante o período oficial de exámenes. A data e hora se comunicarán ao comezo do curso no cronograma da materia.

A avaliación da convocatoria extraordinaria de xullo será da seguinte maneira:
  • Resolución de problemas e/ou exercicios: 80%
  • Presentación: 20%

A non presentación dalgún dos exercicios ou unha nota inferior a 3,5 nalgún deles, supondrá o suspenso da materia, tanto na convocatoria ordinaria como na extraordinaria.

Datas de avaliación

Todas as datas das probas de avaliación aprobadas polo centro pódense consultar na seguinte dirección:

https://deseno.uvigo.gal/horarios-calendarios-avaliacions-gd-gal/

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000