No desenvolvemento da materia utilizarase unha metodoloxía de avaliación continua baseado na combinación das seguintes
tipoloxías de actividades:
- Estudo de casos 40%
- Resolución de problemas e/ou exercicios 40%
- Observación sistemática 20%
Metodoloxía de avaliación global
A elección da modalidade global de metodoloxía significará que o alumnado deberá presentar e superar o mesmo número
de traballos e segundo as mesmas características requiridas na metodoloxía global. Os exercicios deberán presentarse nun
exame final, a desenvolverse durante o período oficial de exames. A data e hora será comunicada a comezo de curso no
cronograma da materia.
Neste caso, a avaliación será da seguinte maneira:
Estudo de casos: 20%
Resolución de problemas de forma autónoma: 40%
Exame: 40%
Convocatoria extraordinaria
Na convocatoria extraordinaria o alumnado deberá presentar e superar o mesmo número de traballos e segundo as mesmas
características requiridas na metodoloxía global. Os exercicios deberán presentarse nun exame final, a desenvolverse
durante o período oficial de exames. A data e hora será comunicada a comezo de curso no cronograma da materia.
A avaliación será da seguinte maneira:
Estudo de casos: 20%
Resolución de problemas de forma autónoma: 40%
Exame: 40%
A non presentación dalgún dos exercicios suporá o suspenso da asignatura, tanto en convocatoria ordinaria como
extraordinaria.
Datas de avaliación:
Poden consultarse todas as datas das probas de avaliación aprobadas polo centro na dirección:
https://deseno.uvigo.gal/horarios-calendarios-avaliacions-gd-gal/