Avaluación
continua: Se aplicarán as porcentaxes e conceptos anteriores. O
alumnado que siga a avaliación continua terá que entregar todos os traballos,
exercicios e probas para ser avaliado nesta modalidade, así como cumprir
coa asistencia obrigatoria. Para
superar a materia será necesario obter unha media de 5 calculando as
porcentaxes detalladas en cada un dos bloques de avaliación.
Imprescindible ter un 4 como nota mínima en cada un dos bloques para que se
proceda a calcular a nota media. Avaliación
global: Os estudantes que opten pola modalidade de avaliación global
deberán comunicalo por escrito ao responsable da materia nun prazo máximo dun
mes desde o inicio da docencia da materia Esta elección suporá a anulación
automática de todas as cualificacións obtidas mediante o método
de avaliación continua. A avaliación será da seguinte maneira: Cartafol/dossier. 40% Cuaderno de campo que recolla a
evolucion do traballo realizado. Resolución de problemas: 60% Varias entregas de problemas ou
exercicios que serán avaliados de forma independente nos que se valorará a
execución técnica/conceptual adecuada de enfoques, procesos e procedementos. Nesta
entrega haberá unha proba práctica presencial de resolución de exercicio. CONVOCATORIA
EXTRAORDINARIA Na convocatoria extraordinaria, o estudiantado deberá
presentar e superar o mesmo número de traballos e segundo as mesmas
características volución na metodoloxía global. Os exercicios deberán
presentarse nun exame final, que se realizará durante o período oficial de
exames A avaliación será da seguinte maneira: Cartafol/dossier. 40% Cuaderno de campo que recolla a volución
do traballo realizado. Resolución de problemas: 60% Varias entregas de problemas ou
exercicios que serán avaliados de forma independente nos que se valorará a
execución técnica/conceptual adecuada de enfoques, procesos e procedementos. Nesta
entrega haberá unha proba práctica presencial de resolución de exercicio.
A
non presentación dalgún dos exercicios suporá suspender a materia, tanto en
convocatoria ordinaria como extraordinaria. Datas
de avaliación: Pódense
consultar todas as datas das probas de avaliación aprobadas polo centro na
páxina web oficial do mesmo |