Guia docente 2023_24
Facultad de Diseño
Grao en Deseño
 Materias
  Expresión artística: Fundamentos do debuxo
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición por parte do profesor/a dos contidos sobre os fundamentos do debuxo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio que o/a estudante ten que desenvolver.
Resolución de problemas de forma autónoma Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados cos fundamentos do debuxo. O alumno/a debe desenvolver a análise e resolución dos problemas e/ou exercicios de forma autónoma.
Resolución de problemas Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados cos fundamentos do debuxo. O alumno/a debe desenvolver as solucións axeitadas ou correctas mediante a exercitación de rutinas, a aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados.
Estudo de casos Análise de casos de estudio relacionado co debuxo, a súa práctica e/ou autores coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipóteses, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnosticalo e adestrarse en procedementos alternativos de solución.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000