Prácticum, Practicas externas e clínicas |
O/a alumno/a avalía a poboación clínica do centro onde se realizan as prácticas e planifica e aplica a atención fisioterapéutica baseada no exercicio terapéutico nun contexto clínico e buscando alcanzar uns obxectivos previamente expostos no proxecto de prácticas externas. Neste contexto clínico o/a alumno/a deberá resolver problemas que poidan xurdir coa aplicación do protocolo exposto e realizar as adaptacións necesarias para a súa posta en marcha. |