O alumnado poderá solicitar a renuncia á avaliación continua informando á coordinadora da materia no prazo establecido. De ser así, a avaliación será: 60% o traballo e 40% exame de preguntas obxectivas. Para aprobar a materia o alumnado debe ter superados de forma independente todos os apartados de avaliación e asistir ao 80% das clases prácticas. A non asistencia ás prácticas supón a perda á avaliación continua. O alumnado que teña unha das partes aprobadas gardaráselle a parte superada para a seguinte convocatoria dentro do mesmo ano académico.
2ª oportunidade O alumnado podar examinarse do 100% da materia nesta oportunidade, a través de 60% o traballo e 40% exame de preguntas obxectivas. Para aprobar a materia débense ter superados de forma independente ambas probas de avaliación En calquera das convocatorias se o alumnado obtén unha cualificación numérica superior a 5, pero non cumpre os requisitos establecidos para aprobar a materia terá unha cualificación de 4,5 (suspenso). En caso de ter cualificacións inferiores poñerase a nota obtida
|