O alumnado poderá solicitar a renuncia á avaliación continua comunicándoo ao coordinador da materia no prazo establecido. De ser así, a avaliación será 60% traballo, 40% exame de preguntas obxectivas. Para superar a materia, o alumnado debe ter superado de forma autónoma todos os apartados de avaliación e ter asistido ao 80% das clases prácticas. A non asistencia ás prácticas supón a perda á avaliación continua e polo tanto deberá deberá realizar un examen e traballo correspondente os contidos da materia dacordo coa evaluación global. No caso de non superar a avaliación continua, o alumnado deberá presentarse a 2a oportunidade e superar a materia dacordo cos criterios descritos para a avaliación da 2a oportunidade. 2a oportunidade Os estudantes poden examinar o 100% da materia con dúas probas: 60% traballo, 40% exame de preguntas obxectivas. Para aprobar a materia, o alumnado deberá superar de forma autónoma as diferentes partes da avalaiación. En calquera das convocatorias, se o alumnado obtén unha nota numérica superior a 5, pero non reúne os requisitos establecidos para superar a materia, terá unha nota de 4,5 (non superado). En caso de cualificación inferior, darase a cualificación obtida. Consideracións: Requírese do alumnado que curse esta materia unha conduta responsable e honesta. Considérase inadmisible calquera forma de fraude (i.e. copia e/ou plaxio) encamiñado a falsear o nivel de coñecemento ou destreza alcanzado por un/a alumno/a en calquera tipo de proba, informe ou traballo deseñado con este propósito. As condutas fraudulentas poderán supor suspender a materia durante un curso completo. levará un rexistro interno destas actuacións para que, en caso de reincidencia, póidase solicitar a apertura dun expediente disciplinario no reitorado. Compromiso ético: O alumnado debe presentar un comportamento ético adecuado. En caso dun comportamento non ético (copia de seminarios, plaxio de traballos, e uso de equipos electrónicos non autorizados, e outros), que impidan o desenvolvemento correcto das actividades docentes, considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia, e neste caso a súa cualificación no curso académico actual será de suspenso (0,0). Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula de exame será considerado motivo de non superación da materia no presente curso académico e a cualificación global será de suspenso (0.0). Gravación de imaxe e/ou audio: Salvo autorización expresa por parte do profesorado, non estará permitida a gravación, total ou parcial, tanto de son como de imaxe, das clases maxistrais, seminarios ou prácticas da materia, conforme as previsións da Lei de Propiedade Intelectual, da Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal e da Lei Orgánica de Protección Civil do Dereito á Honra, á Intimidade Persoal e Familiar e á Propia Imaxe. En función, no seu caso, do uso posterior que se lle dese, a gravación non consentida pode dar orixe a responsabilidades civís, disciplinarias, administrativas e, eventualmente, penais. |