Sistemas de avaliación: Parte Anatomía e Exercicio: os coñecementos teóricos adquiridos polo alumnado serán avaliados mediante un exame de preguntas obxectivas de 5 opcións sen cualificación negativa. Para superar o exame teórico é necesario obter o 70% das respostas correctas; É necesario superar o exame teórico para aprobar a materia. A realización dun traballo será do 10%. É necesario presentalo para aprobar a materia. Parte de Fisioloxía: Exame de preguntas obxectivas no que cada dúas respostas erróneas descontarase un punto. O traballo constará das seguintes partes: introdución, exposición do problema, análise descritiva e conclusións. Pódese facer individualmente ou en grupo O mesmo criterio manterase nas sucesivas convocatorias. O alumnado poderá solicitar a renuncia á avaliación continua comunicándoo ao coordinador da materia no prazo establecido. Para superar a materia, o alumnado debe ter superado de forma autónoma todos os apartados de avaliación e ter asistido ao 80% das clases prácticas. A non asistencia ás prácticas supón a perda á avaliación continua. O alumnado que teña algunha das partes aprobadas conservará a parte superada para a seguinte convocatoria dentro do mesmo curso académico. En calquera das convocatorias, se o alumnado obtén unha nota numérica superior a 5, pero non reúne os requisitos establecidos para superar a materia, terá unha nota de 4,5 (non superado). En caso de cualificación inferior, darase a cualificación obtida |