Práctica de laboratorio |
Demostración e/ou explicación de técnicas de tratamento pu valoración do complexo cérvico-cráneo-mandibular |
40 |
|
B1 B3
|
C6 C13 C14 C16 C19 C20 C21 C34 C38
|
D1 D7
|
Avaliación continua: para seguir dita avaliación é fundamental asistir ó 80% das clases prácticas e presentar un traballo (de obrigatoria presentación para superar a materia). Neste caso, o exame teórico realizarase no período lectivo indicado na programación (40%), o práctico en convocatoria ordinaria (40%). Para aquel alumnado que decida NON seguir a avaliación continua: en primeiro lugar, deben comunicalo polas vías adecuadas a elección deste tipo de avaliación. Neste caso,avaliación global, NON se penlizarán as faltas de asistencia e non deberán facer o traballo. A súa avaliación sería 50% exame teórico preguntas de desenvolvemento e 50% resolución de casos prácticos, ambos en convocatoria ordinaria. Para aprobar a materia débese ter superados de forma independente o exame teórico e práctico ao 50% cada un. Para presentarse ao exame práctico é obrigatorio presentarse e realizar o exame teórico. Ao alumnado que teña unha das partes aprobadas gardáselle a parte superada para a seguinte convocatoria dentro do mesmo ano académico.
|