Guia docente 2024_25
Facultad de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Fisitoterapia laboral e ergonomía
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Consiste en preguntas de desenvolver sobre o temario da materia. Todas as preguntas terán o mesmo valor. Esta parte da avaliación realizarase no momento establecido no documento referido ao calendario de exames da convocatoria ordinaria. 40 A2
B1
C2
C13
C15
C16
C18
C20
C24
D1
D2
D7
Resolución de problemas Durante as clases teóricas ao longo do curso realizaranse exercicios na aula para resolver problemas prácticos. Hai dúas sesións de resolución de casos prácticos programadas durante o semestre. A asistencia ás dúas sesións e a entrega do documento de resolución é obrigatoria para superar a avaliación continua. 40 A2
B1
C2
C13
C15
C16
C18
C20
C24
D1
D2
D7
Traballo tutelado A realización, asistencia a titorias, exposición e defensa do traballo é obrigatoria para superar a materia. Valoraranse a participación nas titorías do traballo, a formulación e a análise realizada, así como a redacción e a utilización de fontes bibliográficas. Valorarase a presentación do traballo en medios audiovisuais e a súa exposición e defensa.

20 A2
B1
C2
C13
C15
C16
C18
C20
C24
D1
D2
D7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Para superar a materia, o/a alumno/a deberá ter superado cada parte por separado (exame de cuestións de desenvolvemento, resolución de problemas e traballo). Para o alumnado que non supere a materia na convocatoria ordinaria, a parte superada quedará gardada para a convocatoria de 2ª oportunidade dentro do mesmo curso académico.

Avaliación continua.
É a avaliación establecida por defecto e descríbese no apartado de avaliación da materia coas súas respectivas porcentaxes.

Avaliación global:
O alumnado poderá solicitar a renuncia á avaliación continua comunicándoo ao/á coordinador/a da materia no prazo establecido. Neste caso, será avaliado polo procedemento de avaliación global. A avaliación global da materia inclúe un exame de preguntas a desenvolver sobre o temario teórico da materia cunha porcentaxe do 100%.

Avaliación 2ª oportunidade:
A avaliación de segunda oportunidade inclúe os mesmos apartados que a avaliación continua ou global (segundo a modalidade que curse o alumno, coa diferenza de que o traballo, se non foi aprobado o grupo (se se realiza na devandita modalidade), realizarase en modalidade individual seguindo as pautas estabelecidas polo/a coordinador/a da materia.

Outros comentarios:
Pode darse o caso de que un/ha alumno/a obteña na avaliación continua unha cualificación de 5 sobre 10 ou superior, tendo en conta as porcentaxes das probas de avaliación. Non obstante, se o/a alumno/a non supera algunha das partes da avaliación, a cualificación da avaliación será suspensa. Neste caso a nota que incluirase en Sigma será 4,5.

O alumnado que non queira seguir a avaliación continua deberá comunicalo por escrito seguindo o procedemento establecido pola Facultade de Fisioterapia. A renuncia á avaliación continua deberá realizarse antes da 5a semana de docencia, o que supón que se asumirá a avaliación global establecida na materia. Unha vez renunciado á avaliación continua, non terá dereito a ela nin ás consideracións establecidas nela.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000