Guia docente 2024_25
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Fisitoterapia laboral e ergonomía
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Lección maxistral A atención personalizada centrarase na resolución de dúbidas sobre o temario teórico que poida ter o alumnado e na orientación dos seus esforzos na materia. Pódese realizar de forma presencial ou a distancia a través de Campus Remoto na oficina virtual de cada profesor da materia.
Traballo tutelado A atención personalizada centrarase na resolución de dúbidas, na orientación do traballo a realizar sobre a materia, e na realización de rexistros e na valoración do realizado polo alumnado dun mesmo grupo e tamén individualmente para cada membro. Pódese realizar de forma presencial ou a distancia a través de Campus Remoto na oficina virtual de cada profesor da materia.
Resolución de problemas A atención personalizada centrarase na resolución de dúbidas sobre casos prácticos expostos na aula que o alumnado poida ter e orientar os seus esforzos na materia. Pódese realizar de forma presencial ou a distancia a través de Campus Remoto na oficina virtual de cada profesor da materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000