Lección maxistral |
Nas clases teóricas, a clase maxistral combinarase con clases teórico-participativas onde fomentarase e motivarase a participación do alumnado. As actividades pódense establecer previamente á impartición da clase e a súa entrega a través da plataforma virtual da materia en Moovi para o seu posterior debate durante a clase teórica. |
Traballo tutelado |
Os/As alumnos/as realizarán un traballo relacionado co temario da materia. Este pode ser individual ou en grupo e debe ser acordado co/a profesor/a. Os/as alumnos/as presentarán o seu traballo ao/á profesor/a e outros/as compañeiros/as do traballo tutelado. |