Actividades introdutorias |
A coordinadora da materia explicará os puntos a ter en conta referentes ao temario da materia e os seus docentes responsables, a forma de avaliación a levar a cabo e como estarán estruturadas as clases teóricas e prácticas da materia, ademais do traballo en grupo ou individual que se debe realizar. Explicará tamén a proposta de programación de clases a levar a cabo durante o cuadrimestre ben como as datas de realización dos exames. Finalmente, explicará as obrigacións docentes do alumnado para o desenvolvemento da materia. |
Traballo tutelado |
Desenvolvemento dun traballo teórico/práctico sobre unha temática relacionada cos contidos da materia. Os grupos de traballo determinaranse por temática ao principio do cuadrimestre pola coordinadora da materia. Existe a posibilidade de que o traballo se desenvolva de forma individual (avaliación global). O traballo constará dunha primeira parte onde se fará unha revisión da literatura científica sobre o tema acordado (entregarase unha pequena parte escrita) e unha segunda parte onde levarase a cabo un vídeo titorial (relacionado co tema do traballo). Farase un seguimento individual de cada integrante do grupo (si o traballo é en grupo) pois as notas estableceranse de forma individual. Os prazos de entrega do traballo e presentación (a través da plataforma Moovi) publicaranse a principio do cuadrimestre na plataforma virtual Moovi. |
Lección maxistral |
Nas clases teóricas combinarase a lección maxistral con clases teórico-participativas onde se fomente e motívese a participación do alumnado. Poderase establecer actividades previas á impartición da clase e a súa entrega a través da plataforma virtual Moovi para a súa posterior discusión durante a clase teórica. Ademais, poderanse levar a cabo, durante as clases, actividades de resolución de problemas, Kahoots e aprendizaxe colaborativo. A criterio dos docentes responsables polos diferetes módulos, poderanse establecer foros de discusión no espazo propio da materia na plataforma de docencia virtual Moovi. |
Prácticas de laboratorio |
Seguirase unha metodoloxía demostrativa, buscando a integración dos coñecementos teóricos na práctica. A/o alumna/o realizará a práctica, sendo corrixidos pola/o docente e aclarando todas as dúbidas que poidan xurdir. Ademais, exporanse estudos de caso e debates relacionados coa temática das clases. |