O alumnado que non se acolla a avaliación continua, deberá comunicalo por escrito seguindo o procedemento establecido pola Facultade de Fisioterapia. A renuncia á avaliación continua deberá realizarse como data límite na 5ª semana de docencia, esta renuncia suporá que o alumnado acóllese a avaliación global establecida na materia. Unha vez renunciada á avaliación continua, non terá dereito a ela nin ás consideracións que nela se establezan. En calquera das modalidades de avaliación, para superar a materia a/o alumna/o debe ter superados o exame teórico e práctico de forma independente, pudéndose dar o caso de que un alumno/a obteña unha nota superior a 5 na avaliación global, pero tal como se indicou, se algunha das partes non está superada acadará unha nota de 4,5. No suposto que o alumno/a aprobe unha das partes gardarase a calificación da mesma pero só dentro do mesmo curso académico. Ademáis, para poder presentarse ao exame práctico en calquera das convocatorias e modalidades é requisito indispensabel que a/o alumna/o se presente ao exame teórico. AVALIACIÓN CONTINUA Exame de preguntas de desenvolvemento- este exame realizarase na data estabrecida na programación da materia, constará de 10 preguntas de desenvolvemento valendo cada unha de elas 10 puntos e aportarán o 40% da nota final. Simulación ou role playing- realizarase nas datas de exame estabrecidas no calendario, e consistirá na resolución de 3 supostos clínicos os que suporán un 40% da nota final. Observación sistemática- o profesorado fará un seguimento do alumnado en canto a aptitudes e actitudes. para acollerse a esta avaliación é imprescindible a asistencia mínima dun 80% das clases prácticas e suporá o 20% da nota final. AVALIACIÓN GLOBAL (no caso de renuncia a evaluación continua): Neste caso o alumnado evaluarase do seguinte xeito: Exame de preguntas de desenvolvemento- 10 preguntas de desenvolvemento con puntuación de 1 punto cada unha de elas (50% da nota) Simulación ou role playing- exame de resolución de tres supostos prácticos (50% da nota) 2ª OPORTUNIDADE O alumnado que se acolleu a avaliación continua avaliarase segundo as porcentaxes indicadas nesta guía. O alumnado que renunciou a avaliación continua e acolleuse a avaliación global tendrá as memas
porcentaxes de avaliación que na convocatoria ordinaria en modalidade de avaliación global. |