Requisitos mínimos: Para presentarse ao exame práctico, o/a alumno/a deberá presentarse ao exame teórico. A observación sistemática dependerá da asistencia ás clases prácticas, avaliación que se considerará superada cunha asistencia como mínimo do 87,5% (correspondente a unha única falta xustificada). Para superar a materia, o/a alumno/a deberá ter superado cada unha das avaliacións de forma independente con 5 puntos sobre 10. A nota de suspenso nunca será superior a 4,5 naqueles casos nos que exista algunha parte da avaliación suspensa (inferior a 5 puntos) independentemente de se a media de todas as probas foi superior ou igual a 5 puntos. Avaliación continua: - Traballo por parellas. Análise dun artigo de intervención relacionado coa materia, elaboración dun póster cos seus datos e exposición oral na aula. Entrega na data sinalada na programación da materia e defensa nas últimas 4 horas teóricas. 10% nota final. - Exame teórico de preguntas curtas a desenvolver. 40% nota final. - Exame práctico de resolución dun caso clínico. 40% nota final. - Observación sistemática. Avaliación da actitude e xestión na aula durante as horas prácticas. Depende da asistencia mínima ao 87,5% das clases prácticas. 10% nota final. Avaliación global en convocatoria ordinaria (renuncia á avaliación continua) / 2a oportunidade (convocatoria de xullo): - Exame teórico de preguntas curtas a desenvolver. 50% nota final. - Exame práctico de resolución dun caso clínico. 50% nota final. A Guía Docente seguirá a NORMATIVA DE AVALIACIÓN, CUALIFICACIÓN E CALIDADE DA DOCENCIA E DO PROCESO DE APRENDIZAXE DO ALUMNADO (Aprobada na facultade o 18 de abril de 2023), así como as adaptacións específicas para o Grao en Fisioterapia que determine a Xunta de Centro. |