Lección maxistral |
Clases teórico-participativas onde se fomentará a participación activa do alumnado e que introducirá e facilitará as diferentes actividades que conformen a aprendizaxe colaborativa. Emprego de forma xenérica de medios audiovisuais. Darase información a través da plataforma de teledocencia Moovi. |
Prácticas de laboratorio |
Nas prácticas seguirase unha metodoloxía demostrativa cunha análise razoada dos exercicios que compoñen o método Pilates. O/a docente explicará e demostrará como se realizan os distintos exercicios, polo que serán prácticas guiadas onde se busque a integración, non só dos coñecementos teóricos da materia, senón tamén dos coñecementos anatómicos, biomecánicos e de patoloxía que xa posúan. Todos os exercicios presentaranse nunhas fichas de prácticas, onde parte da información xa a vai a dar o/a docente da materia, tendo o alumnado que completala. Darase información a través da plataforma de teledocencia Moovi. |