Lección maxistral |
As clases teóricas serán participativas e utilizarase a consulta didáctica, debate, estudo de casos e estratexias de resolución de problemas. O alumnado terá á súa disposición na plataforma de teledocencia as notas elaboradas polo/o profesor/a, que lle servirán de guía.
Solicitarase a participación activa do alumnado. |
Prácticas de laboratorio |
Nas prácticas de laboratorio utilizarase a demostración experimental, a estratexia de simulación, o tratamento didáctico de erros e o adestramento sistemático. O/a docente fará a demostración de como se debe realizar a valoración e/ou o protocolo de tratamento, a continuación o alumnado realizará por parellas a práctica entre eles, sendo corrixidos polo/a docente e aclarando todas as dúbidas que poidan xurdir. Na corrección terase en conta por unha banda a posición do usuario/paciente, as tomas e contratomas realizadas, así como a execución da manobra e por outra banda a altura da mesa de tratamento e a postura do alumno que está a realizar a práctica. Así mesmo, terase en conta a actitude do alumnado.
O alumnado debe coñecer o fundamento teórico e a evidencia científica que sustenta cada unha das técnicas que aplica. |