Os/as estudantes que opten por avaliación continua serán avaliados tal e como se describe arriba e coas porcentaxes indicadas: - exame tipo test na 6ª semana de docencia, sempre que os contidos se tivesen impartidos. - 2 exames de preguntas de desenvolvemento, un na 8ª semana de docencia e, o outro, na 13ª, sempre que os contidos se tivesen impartidos. - exame práctico, na data oficial correspondente á materia (maio-xuño). - un traballo a entregar as distintas partes nas semanas 13ª, 14ª e 15ª de docencia. Na avaliación continua, para facer media dentro da parte teórica terase que acadar, cando menos, un 4 sobre 10 en cada un dos exames; na parte práctica, un 4 sobre 10 en cada unha das preguntas. Para facer media entre a teoría, a práctica e o traballo, terase que acadar, cando menos, un 5 en cada unha delas. Ao alumnado que non supere a materia, gardaráselle a parte superada para a convocatoria de segunda oportunidade do mesmo ano académico (parte superada significa ter no exame un 5 sobre 10 ou máis). No caso de que o/a alumno/a non aprobe cada unha das partes da materia (teoría, práctica e traballo), e aínda que a media dea unha cualificación de aprobado, suspenderá a materia e se lle porá no acta unha cualificación de 4,5.
Por outra banda, aqueles/as estudantes que decidan optar por unha avaliación global, esta inicialmente farase nas datas oficiais da materia (maio-xuño) e constará de: - un exame teórico de preguntas de desenvolvemento de 10 preguntas curtas e unha duración máxima de 90 minutos. Neste exame, tódalas preguntas terán o mesmo valor (valoraranse de 0 a 10 puntos cada unha delas). O valor deste exame será dun 45% do total da cualificación da materia. - un exame práctico de 4 supostos realizado coas mesmas condicións que as descritas na avaliación continua do exame práctico descrita nela. O valor deste exame será dun 45% do total da cualificación da materia. - un traballo individual consistente en elaborar un protocolo de aplicación e unha infografía para un novo caso clínico a proposta polo/a docente da materia. Ao igual que no caso da avaliación continua, para poder superar a materia o/a estudante terá que aprobar tanto a parte teórica como a práctica e o traballo (obter un 5 de 10 ou máis en cada unha delas) e para facer media dentro de cada parte, terá que acadar, cando menos, un 4 sobre 10 nos exames teóricos e en cada unha das preguntas prácticas que a compoñen. No caso de que non supere a materia, gardaráselle a parte superada para a convocatoria de segunda oportunidade do mesmo ano académico co mesmo criterio que a avaliación continua, e, no caso de que o/a alumno/a non aprobe a parte teórica e práctica da materia e o traballo, e aínda que a media dea unha cualificación de aprobado, suspenderá a materia e se lle porá no acta unha cualificación de 4,5.
A Guía Docente segue o "Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e acalidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado", aprobado no Claustro do 18 de abril de 2023, así como as adaptacións específicas para o Grao en Fisioterapia determinadas pola Xunta de Centro. |