O exame
dos coñecementos teóricos dos temas de Sistema Nervioso + Aparello Dixestivo contará un 40%. O exame
dos coñecementos teóricos dos temas de Aparello Respiratorio + Aparello Cardiocirculatorio contará un 40%. Para aprobar a materia, é necesario superar as dúas partes (teoría e seminarios) independentemente. Se só se aproba algunha das partes, conservarase ese aprobado dentro do mesmo curso académico (ata xullo), pero non dun curso aos seguintes. AVALIACIÓN CONTINUA: É a opción preferente e a que se ofrece
por defecto. Na avaliación continua, o alumnado realizará: * Un exame parcial de coñecementos teóricos unha vez
finalizada a metade dos contidos teóricos (Sistema Nervioso + Aparello Dixestivo): contará un 40% da nota final; realizarase dentro do
horario asignado ás clases lectivas da materia. Se se suspende, non pode
recuperarse na convocatoria ordinaria e irase con esta parte ao exame da 2ª
oportunidade. * Outro exame parcial de coñecementos teóricos na
convocatoria ordinaria (Aparello Respiratorio + Aparello Cardiocirculatorio): contará un 40% da nota final. * Seminarios: avaliaranse como se explicou no apartado
superior. AVALIACIÓN GLOBAL (se se renuncia á avaliación continua): O
alumnado que non quera seguir a avaliación continua deberá notificalo por
escrito, seguindo o procedemento establecido na Facultade de Fisioterapia. A
renuncia á avaliación continua debe realizarse na 5ª semana de docencia, o que
supón que se asumirá a avaliación global establecida na materia. Unha vez feita
a renuncia á avaliación continua, non se terá dereito á mesma; a elección da
modalidade de avaliación global supón a renuncia ao dereito de seguir
avaliándose das actividades da modalidade de avaliación continua que queden por
facer e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa
tiveron lugar. Neste caso non se realizarán exames parciais. Haberá unha
proba de avaliación global: un exame de coñecementos teóricos na data oficial
da convocatoria ordinaria, que contará un 80% da nota final. A esta puntuación sumarase o 20% da
nota dos seminarios, avaliados como se explicou no apartado superior. AVALIACIÓN 2ª OPORTUNIDADE: É unha avaliación
extraordinaria, de recuperación da materia, ou partes dela, suspensa. O alumnado que fixo avaliación continua e suspendeu algún
dos exames parciais, só deberá examinarse deles. Terá os mesmos criterios de
avaliación que na convocatoria ordinaria nesta modalidade. O alumnado que renunciou á avaliación continua e se adheriu
á avaliación global, terá os mesmos criterios de avaliación que na convocatoria
ordinaria nesta modalidade. |